CAMPAÑA DE NADAL 2023

Coma en anos anteriores, estamos levando a cabo a tradicional “Campaña Nadal Solidario”. O xoves día 21 de nadal, a partir das 9.20 da mañá, realizaremos no patio un xesto colexial ao que  estades convidados e convidadas e no que se recollerán as contribucións de todos.

A finalidade desta campaña é concienciarnos de que existen outras realidades na nosa contorna e que está nas nosas mans ter xestos solidarios que poidan contribuir a mellorar a súa situación. As familias destinatarias desta campaña, están sendo tamén atendidas ao longo de todo o ano desde Cáritas Parroquial.

Animamos a participar a todos o membros da comunidade educativa aportando unha bolsa con comida. Non se recolle roupa nin outros obxectos, só comida. Recordamos que a comida debe ser non perecedoira. Estaría ben que fose variada: cartóns de leite, bolsas de legumes, todo tipo de latas e botes de conserva, pasta, botellas de aceite, galletas, doces de Nadal, arroz, azucre, chocolate, turrón, mazapáns, surtidos, etc.

Se queredes facer outras contribucións podedes levalas noutros momentos á Parroquia ou ao Centro Xuvenil Abertal, xa que desde alí coordinarase a presente Campaña. Igualmente podemos facer partícipes da campaña a veciños, familiares e coñecidos.