05 de decembro de 2023

Club de lectura en Lingua Castelá a partir de 3º da ESO en Xaneiro

Despois de dedicar dúas sesións a falar sobre a adaptación ao cómic do Diario de Ana Frank, eliximos nosa segunda lectura: trátase de Descoñecidos, de David Lozano, unha trepidante novela de crimes e misterio que reflexiona sobre temas como as redes sociais, o namoramento a primeira vista e outras cuestións de rabiosa actualidade. A semana do 15 de xaneiro, martes e xoves, charlaremos sobre esta obra na biblioteca. Aínda hai prazas dispoñibles: non dubides en falar con Jesús se che apetece compartir a túa experiencia lectora con outros compañeiros do colexio.