Cómics en galego na nosa Biblioteca a partir dos 6 anos 12

14 de decembro de 2023

Na nosa biblioteca contamos cunha boa colección de cómics en galego para todas as idades. Repasemos algúns dos títulos máis significativos:

– En Tam, de Anémona de Río, a súa protagonista recibe un convite por email para unha cea de antigos alumnos. Hevin, o seu amor platónico, tamén irá. Pero as súas inseguridades e a opresión dos canons de beleza impostos pola moda farán que se plantexe ir…Conseguirá Tam sentirse ben consigo mesma?

Verne imaxinado é unha obra elaborada por alumnas e alumnos da Escola profesional de banda deseñada e ilustracións de O Garaxe Hermético e inspirada no universo de Xulio Verne. A través de sete historietas, é posible coñecer mellor e achegarse a este afamado autor e á súa obra.

Salpock, o val dos cegos de A. López y L Sendón está ambientada no mundo imaxinario de Zakfart, onde aventura e ciencia-ficción camiñan da man. Unha historia de heroes, acción, fantasía e amor cunha gran dose de crítica social: a trama desenvólvese no val dos Cegos, un lugar onde a xente vive escravizada e atemorizada por unha falsa ameaza.

Podedes atopar tamén Cartas de inverno, a versión en cómic da extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, ou O derradeiro libro de Emma Olsen, adaptación da coñecida obra de Berta Dávila. En Don Gaiferos Gus e Kukas ilustran e relatan as vicisitudes da peregrinación de Don Gaiferos de Mormaltán desde Roncesvalles a Compostela.

Rematamos este percorrido cunha recomendación que ten moito de homenaxe. Porque na biblioteca podes atopar os divertidos libros da serie Lendas do recreo, do recentemente falecido Miguel Ángel López González (Hematocritico).