Calendario dos luns na Biblioteca

Retomamos o noso programa de dinamización da biblioteca, animado polo grupo de colaboradores adultos. Todos os meses propoñeremos unha divertida actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria coa que, ademais de pasar un intre estupendo, celebraremos algunhas das efemérides que van marcando o ritmo escolar.

  • XANEIRO

29, LUNS,ÁS 16:30 Banda deseñada na biblioteca (celebrando o  Día da ilustración e o Día escolar da paz e a non violencia).

  • FEBREIRO

26, LUNS, ÁS 16:30: A radio do noso cole  (celebrando o Día das mulleres e as nenas na ciencia, o Día mundial da radio, o Día da lingua materna e o Día de Rosalía).

  • MARZO

18, LUNS, ÁS 16:30 A arte do kamishibai (celebraremos as efemérides do mes: Días da narración oral, da poesía e do teatro).

  • ABRIL

22, LUNS,ÁS 16:30 Celebramos o Día do libro.

  • MAIO

20, LUNS, ÁS 16:30: xogos na biblioteca. Celebramos as festas de María Auxiliadora e o Día das Letras Galegas..