Recordatorio das lecturas de xaneiro nos clubs de lectura

Aninovo, novas e apaixonantes lecturas. Como xa anticipabamos nunha entrada anterior, nos nosos clubs de lectura temos data e libro para subir a costa de xaneiro con enerxía bibliófila:

– No club en lingua castelá para o alumnado, dialogaremos na bibllioteca o martes, 16, e o xoves, 18, sobre a novela Descoñecidos, de David Lozano, unha obra que aborda temas de moito interese sen deixarnos de seducir cunha trama chea de misterio.

– O mércores, 24 de xaneiro, ás 16:30, no club de lectura para adultos dialogaremos sobre a apaixonante obra de Pedro Feijoo, gañadora do Premio Xerais, Ninguén contará a verdade. Unha obra ambientada en Vigo e arredores, que examina as reviravoltas da corrupción política e empresarial e mantén o noso interese ao longo das súas máis de seiscentas páxinas de boa literatura. Podes sumarte á iniciativa sen avisar: todo lector incorrixible será recibido cos brazos abertos na nosa biblioteca.