29 de xaneiro de 2024

Recreos Activos: Cineforum sobre La noche del cazador.

Nova sesión de cinefórum dedicada a La noche del cazador (1955) de Charles Laughton. Propoñémosche unha das películas máis orixinais e fermosas da historia do cinema; unha obra que foi un fracaso no seu día e hoxe, con todo, é considerada unha das cimas da Sétima Arte. Conto de fadas perveso, poema visual, relato iniciático sobre o paso da infancia á madurez, ninguén que vise esta xoia pode esquecela. O xoves, 1 de febreiro, na aula Steam compartiremos a nosa experiencia cinéfila. Esperámosche.