Gravación dun programa de Radio en directo

O mes de febreiro, ademais do Entroido, tráenos unha chea de conmemoracións: o Día Mundial da Radio, o Día da Lingua Materna, o Día de Rosalía e o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Pensamos en celebrar todas estas efemérides gravando un programa en directo na nosa biblioteca. Concursos, entrevistas, poemas e unha chea de sorpresas fixeron as delicias de pequenos e grandes. 

""