NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: LAS PALABRAS LO PUEDEN TODO.

MATERIA: cómic

IDADE RECOMENDADA: de nove anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

Sara non fala moito. Pasaron demasiadas cousas: o accidente, a separación de seus pais, a discusión coa súa mellor amiga. Algo dentro dela bloqueouse, coma se estivese conxelado. Pero o destino pon no seu camiño a un mestre inesperado, o ancián Señor T., que cos seus contos antigos e a súa fixación polo alfabeto hebreo esperta en Sara as ganas de aprender.

É só un vello que perdeu a memoria ou a razón? Quizais. Pero grazas a esas misteriosas letras que entran na vida de Sara, aos poucos, volven as palabras, as axeitadas e necesarias para vivilo todo: a amizade, a familia e mesmo o amor

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • É un cómic tremendamente rico, que demostra que a linguaxe das viñetas pode abordar calquera asunto con profundidade.

  • Fala da necesidade de superar os complexos e de vencer os medos a calquera idade.

  • Mestura o fantástico e o real de forma moi poética.

  • O valor das palabras, a maxia do alfabeto (neste caso, o alfabeto hebreo) ou a importancia da comunicación profunda cos nosos semellantes constitúen o centro do relato.

  • Ademais, presenta unha preciosa relación interxeracional e achéganos a algúns dos mitos fundacionais da cultura xudía.