Este xoves 21 de marzo falaremos no noso cinefórum dunha das mellores películas do que vai de século XXI, Fillos dos homes, de Alfonso Cuarón. A mestura de ciencia ficción e realismo extremo consegue como resultado unha distopía apaixonante como película de acción e moi suxestiva como reflexión sobre o presente e o futuro da humanidade. Esperámosche ás 11:25, non a perdas.
Ao seguir navegando, aceptas a nosa política de cookies 🍪
Aceptar