Gran éxito de público na gravación do programa de Radio na Biblio

O luns, 26, gozamos dunha experiencia única: a gravación dun programa de radio. As colaboradoras da biblio, con moita graza e gran profesionalidade, deleitáronnos cun variado menú de propostas: entrevistas a científicas famosas, unha sentida homenaxe a Rosalía de Castro ou un fantástico concurso no que os participantes demostraron os seus coñecementos sobre a lingua galega. Foi, sen dúbida, unha tarde fantástica, que esperamos volver repetir.