NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: A RECONQUISTA

MATERIA: Narrativa, mundo que me rodea.

IDADE RECOMENDADA: de tres anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo.

Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamente se converte nun tsunami de solidariedade.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Foi a obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade en 2018.

  • Mestura a narración e a información de forma moi eficaz para romper os prexuízos de xénero.

  • Pinta a realidade do patio dun colexio con coñecemento de causa.

  • Expón solucións á ditadura do fútbol como xogo dos recreos.

  • Aínda que é un relato moi sinxelo, convida a reflexionar sobre cuestións tan complexas como a rebeldía ou a forza da loita colectiva.