NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: GARABIOTAS

MATERIA: Poesía

IDADE RECOMENDADA: de seis a oito anos.

CONTIDO (da páxina da editorial):

Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Regálanos unha fantástica colección de poemas para recitar aos máis pequenos e familiarizalos coa maxia das palabras.

  • Explora a relación entre poesía e xogo con tanta sinxeleza como graza.

  • Utiliza a nosa lingua galega con gran riqueza e singular musicalidade.

  • Actualiza formas clásicas da poesía popular, como a canción de berce, a canción para vestirse, a brincadela…

  • As ilustracións de María Lires están á altura dos poemas en frescura, liberdade e lirismo.