NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: MEDIOMETRÓPOLE E OS SUPERHEROES

MATERIA:Narrativa, aventuras.

IDADE RECOMENDADA: de nove anos en diante.

CONTIDO (da páxina da editorial):

Perturbando a tranquilidade da tranquila urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cidade toman cartas no asunto e tratan de acabar de varias maneiras, algunhas delas verdadeiramente disparatadas, coa terrible ameaza de Morzilla, a lagarta tamaño XXL

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • O seu argumento disparatado e o ton surrealista.

  • Os seus personaxes hilarantes e estrambóticos.

  • O libro está inzado de referencias a personaxes infantís, tanto occidentais coma xaponeses.

  • A historia prescinde de todo tipo de didactismo: é puro entretemento.
    Aínda que é unha novela, constitúe unha estupenda porta de entrada ao mundo do cómic