NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: Yo te lo explico. Qué, cuándo, cómo y dónde hablar de “eso” con tu peque.

MATERIA: ciencias, medicina.

IDADE RECOMENDADA: pais e nais

CONTIDO (da páxina da editorial):

Un día estás a fabricar alegremente ao teu fillo e de súpeto, uns poucos anos despois, é a propia criatura a que che está preguntando os detalles do proceso. É demasiado peque para contarlle segundo que cousas? Non lle estarei dando ideas ou máis información da que necesita? Que pasa se se toca? Mamen Jiménez, psicóloga, sexóloga e terapeuta de parella cóntacho con claridade -e un toque de humor- para que ti llo contes ao teu peque, para que lle acompañes no seu desenvolvemento afectivo-sexual con naturalidade, sen vergoña e sen que che entren as suores cando che pregunte segundo que cousas. Aquí atoparás as respostas tanto ás súas preguntas como ás túas, así como un bo número de ferramentas para abordar este tema en casa, xuntos.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Analiza con claridade e rigor un tema importante.

  • O ton distendido e franco, impregnado de humor, non está rifado cos sólidos fundamentos psicolóxicos en que se asenta.

  • Trátase dunha guía completísima, que non deixa fóra ningún tema e opta por un enfoque integrador da sexualidade.

  • O formato da obra (tipografía, ilustracións, maquetación) dá como resultado un manual atractivo, que convida tanto ao espigueo como á a lectura.

  • Como toda boa guía para pais e nais, convida tamén as persoas adultas a reflexionar sobre a súa propia educación, neste caso nun ámbito tan delicado e complexo como o afectivo-sexual.