03 de marzo de 2024

Recreos Activos: Cineforum sobre "Ciudadano Kane"

A próxima sesión de cineclub, o xoves, 7 de marzo, estará consagrada a unha das obras máis admiradas da historia do cinema: Cidadán Kane. Considerada por moitos a mellor película xamais filmada, a súa creatividade desbordante, a súa orixinalidade narrativa, a beleza das súas imaxes ou a miserable grandeza do seu personaxe principal seguen conmovendo a calquera espectador sensible. Queres saber o que é unha boa película? Apetéceche aprender cinema? Quizais esta sexa a túa primeira oportunidade, esperámosche