NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: El cuerpo humano. Secretos, datos divertidos y curiosidades.

MATERIA: ciencias, medicina.

IDADE RECOMENDADA: de nove anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

Este non é outro libro de anatomía! Con segredos, datos divertidos e curiosidades, O corpo humano propón unha maneira moi didáctica de descubrir o teu propio corpo desde unha nova perspectiva, aprendendo sobre a anatomía humana.

Unha viaxe apaixonante ao teu interior da man de Cristina Peraboni, con longa experiencia na divulgación científica, e as ilustracións dunha grande especialista na infografía científica como Giulia de Amicis.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • As obras de VVkids cativan co seu gran formato e coidada presentación.

  • En apenas setenta páxinas radiografía o corpo humano de forma completa e apaixonante

  • Presenta a anatomía humana a través de curiosidades e compara a nosa bioloxía coa dos animais, de maneira que o lector acaba apreciando a vida en toda a súa riqueza e variedade.

  • Os fantásticos debuxos infográficos e o texto compleméntanse de maneira harmónica e fluída.

  • O aparello gráfico sintetiza con tanta claridade a información que mesmo un lector preguiceiro aprenderá coa simple ollada atenta do libro.