Semana do Libro: Doce libros, doce enigmas

Chegou a semana do libro e empezamos celebrándoa ao grande. O luns 22, as nosas colaboradoras, coa axuda inestimable do profe Martín como locutor de radio, dinamizaron na biblioteca un divertido xogo de enigmas. En «Doce libros, doce retos», pais, nais e alumnado en xeral tiveron que superar probas cuxas solucións estaban aí, nos libros, ao alcance da man e da mirada atenta. Pasamos unha hora estupenda. Xa estamos a desexar a actividade de maio!