SEMANA DO LIBRO II: Banda Deseñada

Como este curso, nas bibliotecas esccolares,  estamos a prestar especial atención á banda deseñada nas nosas actividades e suxestións lectoras, queremos tamén neste Día do Libro 2024 traballar con este formato. A decoración dos corredores, o apadriñamento lector ou as recomendacións da próxima semana estarán dedicados, por iso, ao cómic. A semana que vén publicaremos fotos e comentarios para que vexades que tal luciu todo. E agora, a ler toca.