Infantil foi de excursión á Granxa Escola Serantellos

Os nenos e as nenas de 6º de infantil fomos de excursión á Granxa Escola Serantellos, en Cambados. 

Alí  gozamos dunha xornada lúdica e educativa. Coñecemos distintos animais da granxa e os seus coidados, puidemos tamén plantar no horto e fixemos pan que nos trouxemos para degustar en familia na casa. 

Ao acabar tivemos un momento de convivencia mentres comiamos ao aire libre, gozando do bo tempo e a boa compañía. 

Damos as grazas ás persoas que nos guiaron ao longo da actividade.