02 de maio de 2024
Despois de compartir as nosas impresións sobre a sorprendente The man from earth na anterior sesión desta actividade, este xoves, 2 de maio, comentaremos a non menos extraordinaria Freaks, coñecida en España como A parada dos monstros. Trátase dunha película inclasificable do ano 1932, tan bela como estraña, protagonizada polo que, no seu día, considerábanse monstros de feira. Obra maldita e perturbadora, hoxe considérase unha das cimas do cinema fantástico e, por extensión, da Sétima Arte en xeral.
Ao seguir navegando, aceptas a nosa política de cookies 🍪
Aceptar