Bautismo de mar en 5º de Primaria

Programado dende a materia de Educación Física 🏃, o alumnado de 5º de Primaria disfrutou nestas últimas semanas do tradicional  “Bautismo de mar” 🌊. Foi unha mañá de iniciación á navegación 🧭 a vela desenvolvida en colaboración co Real Clube Náutico de Vigo 

A actividade consisitiu nun primeiro contacto co deporte da navegación a vela ⛵. Durante toda a mañá aprenderon a desenvolverse nun barco (tipo Raquero/Omega) de vela, levaron o timón 🛞 e as velas do barco, coñeceron un chisco mellor a Ría de Vigo, as bateas 🪵 e o funcionamento básico das mesmas. Tamén aproveitamos para adentrarnos na terminoloxía náutica e aprender algún dos nós 🪢 máis utilizados no mundo da vela.

Foi sen dúbida unha mañá inesquecible! Aquí vos deixamos algunhas fotos e os vídeos da xornada 🤗👍