O club de lectura de adultos segue moi vivo. O seguinte libro, despois do fascinante Canto yo y la montaña baila é a última novela de Paul Auster, Baumgartner. Coma noutras ocasións, dispoñemos dalgúns exemplares para aqueles que se animen a darlle á lingua cos ollos. O prazo para a lectura será o vinte de febreiro. Ese día recolleranse tódolos libros para devolvelos á Biblioteca Pública, que é o organismo que os cede.