XOGOS NA BIBLIOTECA
A biblioteca é un espazo de lectura pero tamén de xogo. Non só temos libros, temos xogos para todas as idades e estamos atentos ás novidades. Este curso 2024-25 contaremos con xogos novos: Secret number, Pistas cruzadas, Matchscramble, Postman, Timeline acces+, Tantrix…Todos estes uniranse aos que xa tiñamos.
Preocupámonos polo alumnado con NEAE e contaremos con xogos pensados especialmente para eles. Algúns destes xogos son: Dooble acces+, Cortex acces+, El laberinto mágico, Speed cups, Don,t universe acces+, Cubeez e Cubimag pro.
En Salesianos a biblioteca é un espazo de lectura, de xogo, de documentación, de traballo en equipo…Todo é aprendizaxe!

