Paseando polo Vigo Vello

Coñeces os segredos que esconde a cidade de Vigo? Non perdas a oportunidade de saír a pasear polo Vigo Vello da man do alumnado de 2ºESO que vén de rematar as producións de “Vigo Vello”, un Proxecto Interdisciplinar que levaron a cabo nos meses de febreiro e marzo, nas materias de Xeografía e Historia e Lingua Castelá.
O proxecto contou con tres fases: un proceso previo de investigación e de documentación, unha visita polo Casco Vello de Vigo guiada polo alumnado (Ruta) e a elaboración dunha vídeo-guía.
As actividades, a maioría en equipo cooperativo, requerían desde interpretar o plano urbano e as características da cidade ata aprender a referenciar as fontes. Velaí un dos nosos recursos bibliográficos que podes atopar na biblioteca do centro: FEIJOO, P. (2018), Camiñar o Vigo vello, Vigo, Xerais.

Deixámosvos os vídeos do Vigo Vello.