Unha escola para medrar e soñar
Visita Infantil
Martes 3, 10 e 24 de feb
de 15:30 a 16:30h
Un percorrido para coñecer os espazos, como traballamos, e vernos en acción
Unha tarde de cole
PORTAS ABERTAS
VENRES 27 DE FEBREIRO
de 16:30 a 18:30
Xornada aberta a familias para ver o colexio en acción: talleres, experimentos, deportes, ANPA e moito máis.
Visita Bacharelato
Luns 2 e 9 de febreiro
ás 18:30h
Presentaremos a etapa, itinerarios e opcións de futuro.
Entrevistas Individuais
Nas que falar e atender as demandas de xeito personalizado
Un cole para medrar e soñar
que educa nos valores e o estilo Salesiano
cunha proposta educativa que combina innovación e tradición
a tempo completo: con propostas de luns a domingo
dende Infantil ata Bacharelato.
A escola con Corazón
A nosa educación aséntase na idea fundacional de Xoán Bosco: todo neno e nena é fundamentalmente bó e ten dentro de si enerxías
capaces de transformar a historia e a sociedade.
A esta afirmación súmase a visión salesiana da vida, onde os valores evanxélicos da acollida, o respecto, a cooperación, a ledicia e a creación dun clima de familia son fundamentais. A escola salesiana coida o ambiente creado dentro da escola, o traballo grupal e o acompañamento persoal.
Por iso a nosa é unha escola para medrar e soñar.
Unha proposta educativa que combina
Innovación e tradición educativa
Aprendizaxes activas
Enriquecemos o currículo con tarefas integradas e proxectos orientados a un traballo competencial.
en equipo
Organizandonos en equipos cooperativos e equipos colaborativos.
coidando a competencia lecto-escritora
Coa convicción de que a lectura e a escrita resultan fundamentais para o éxito académico.
integrando as ferramentas dixitais
Nun entorno de aprendizaxe híbrido que non esquece o lapiceiro e o papel
nun centro Plurilíngüe
En Castelán, Galego, Inglés e Francés. Somos Plurilingües en Primaria e Bilingües en ESO.
que educa co corazón.
En dúas dimensións: traballando as competencias emocionais do alumnado,e acompañandoo.
A tempo completo
Ademais dos servizos de madrugadores e comedor, a oferta do centro amplíase a tódolos tempos e intereses do alumnado: extraescolares, grupos de tempo libre, clube deportivo escolar, catequese na Parroquia de María Auxiliadora, escola de inglés, e moito máis…

