NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: Materia

MATERIA: poesía

IDADE RECOMENDADA: de catorce anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade trátanse nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • – O libro foi proclamado Premio Nacional de Poesía en 2023.

  • A lectura do poemario pode enriquecerse coa audición do recitado dalgún dos seus textos na seguinte ligazón: https://yolandacastano.com/

  • A súa autora realiza un labor de divulgación cultural e de promoción da nosa poesía encomiable, e esta obra pode supoñer unha estupenda carta de presentación.

  • Yolanda Castaño fala da familia, do amor ou da amizade dunha forma insólita, reinventando coa súa linguaxe insólita todos eses temas.

  • A súa poesía sitúanos nun territorio descoñecido e inesperado, pouco confortable e á vez inspirador.