8M - DÍA DA MULLER
✨ 8 de marzo – Día da Muller ✨
Onte, as alumnas de 2° de Bacharelato compartiron con todos nós un emotivo manifesto polo Día da Muller, reivindicando a igualdade e o respecto polos dereitos das mulleres. As súas palabras resoaron con forza e compromiso! Para completar este acto tan especial, varios alumnos agasalláronnos cunha interpretación maxistral da canción «Muller» de Fuxan os Ventos, enchendo o espazo de emoción e orgullo pola nosa loita común.
Grazas a todas e todos por facer deste día unha homenaxe tan significativa! 💜

