Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A Biblioteca de Galicia agasallará con bolsiñas de libros sorpresa a todos os nenos e nenas que se acerquen ata as súas instalacións, ata agotar existencias.
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema «Estas palabras que sairon da miña boca son para ti».
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.

