O noso alumnado participa no XXIV Rebumbio Matemático

""

Un grupo de alumnos e alumnas de 6.º de Primaria representou ao noso centro na primeira fase do XXIV Rebumbio Matemático, unha actividade organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).

O evento tivo lugar o pasado venres, 25 de abril, no Colexio Rosalía de Castro. Trátase dunha iniciativa que busca fomentar o traballo en equipo e o espírito cooperativo, a través de actividades matemáticas diversas e retadoras. Alternáronse propostas de tipo manipulativo con outras de dedución e razoamento lóxico, poñendo a proba múltiples habilidades do alumnado participante.

A proba, que se desenvolveu simultaneamente en distintas zonas de Galicia, consistiu na resolución de cinco problemas matemáticos por parte de equipos de tres membros que traballaron de maneira conxunta e colaborativa. Na avaliación non só se valoraron as solucións finais, senón tamén o método empregado, a orzixinalidade, as estratexias utilizadas, a claridade na representación, a expresión escrita do proceso e o uso adecuado das unidades.

Parabéns ao noso equipo polo seu esforzo e participación nunha actividade que une aprendizaxe, diversión e cooperación!

""