Festas de María Auxiliadora 2025
✨ Volven as Festas de María Auxiliadora! ✨
Un ano máis, o patio do colexio Salesianos enche de xogos, barracas, música, ledicia… e moita vida! Volve a festa e con ela o rebumbio e a ilusión de celebrar xuntas e xuntos esta data tan especial para toda a nosa Obra Salesiana.
Durante estas semanas haberá un montón de actividades nos distintos ambientes: acampadas, oracións, festivais, graduacións, encontros e moitas ocasións para convivir e agradecer.
📅 Na programación deste ano non faltarán momentos únicos como:
A graduación do alumnado de 2º de Bacharelato o 15 de maio.
As actividades lúdicas, obradoiros, xogos e celebracións nos distintos niveis de Infantil, Primaria e Secundaria.
A tradicional Novena de María Auxiliadora do 15 ao 23 de maio.
A gran Festa colexial no patio o xoves 23, con xogos, barracas, inchables, o noso clásico Got Talent, música con DJ e a actuación do Mago Iago Saavedra. E, por suposto, moitas sorpresas máis! 🎉
O día grande: 24 de maio, con misas durante todo o día, a Misa Solemne presidida polo Sr. Bispo ás 19:00 e a posterior procesión polas rúas do barrio.
E para pechar o mes, as exhibicións e festivais das actividades extraescolares e o festival de fin de curso de Infantil.
🎊 Será un tempo para gozar, compartir e celebrar en familia. Porque a festa é ledicia, encontro, comunidade… é Salesianos!
Agardámoste co corazón aberto e o patio cheo de maxia! 🥰🥳

