6º EP EN CABEZA DE MANZANEDA
O alumnado de 6º de Primaria puxo o broche de ouro ao seu paso pola etapa cunha excursión moi especial: tres días de aventura, convivencia e diversión na estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.
O primeiro día comezou con moita ilusión e enerxía. Despois da chegada e instalación, disfrutaron dunha refrescante sesión na piscina, seguida dunha anadaina polo monte que lles permitiu coñecer a contorna natural da serra. Á noite, os xogos nocturnos puxeron a proba a súa axilidade e cooperación, rematando a xornada con moitas risas e momentos compartidos.
O segundo día estivo cargado de emocións: orientación no monte, grandes xogos en grupo, actividades multiaventura e escalada no rocódromo fixeron que ninguén parase nin un segundo. Como colofón, a discoteca da noite permitiulles celebrar todos xuntos ao ritmo da música, creando lembranzas que gardarán para sempre.
Xa no terceiro e último día, practicaron tiro con arco e participaron na construción de vivacs, demostrando a súa creatividade e traballo en equipo.
Foi unha experiencia marabillosa, chea de aprendizaxes, amizade e moita diversión. Unha despedida perfecta para un grupo que medrou xunto durante toda a etapa de Primaria. Agora si: quedan os recordos… Marchamos de Manzaneda coas mochilas cheas de vivencias e o corazón un chisquiño apertado. Porque non foi só unha excursión: foi a despedida dunha etapa e o comenzo doutra. Moita sorte!!

