1º EP visita Aproimpa
En 1º de Primaria estamos traballando sobre a contorna, non só o que coñecemos máis preto, arredor do colexio, senón tamén o que hai no camiño do cole á nosa casa. Situamos nun rueiro diferentes lugares que coñecemos e falamos sobre as diferentes profesións que vemos a diario nas nosas rutas do cole á casa e da casa ao cole. Un profesional que vemos moito é o panadeiro ou a panadeira, por iso fomos a APROINPPA para coñecer máis de preto este labor.
Gozamos aprendendo sobre a elaboración do pan, os seus ingredientes, como amasalo e cocelo. Ademais utilizamos os nosos sentidos para ulilo, tocalo (fermentando, sen fermentar, frío, quente…) e ulímolo nos seus diferentes estados (masa nai, lévedo, masa mesturada, crúa, quente…).
E o mellor de todo foi poder comelo acabado de facer, ademais de degustar napolitanas de chocolate, madalenas e croissants feitos alí mesmo.










