Luns, 27 de outubro!
Chegou un dos días máis esperados no noso cole! A inauguración da biblioteca! Os libros vanse convertir en “protagonistas” da nosa historia. Ese día imos xogar e pasarémolo xenial. Os protagonistas dos libros farannos chorar, rir, viaxar, gozar…e vivir múltiples emocións ao longo deste marabilloso curso. Esperámosvos con moitas ganas! Non faltedes! Para rematar…cóntovos un segredo! A biblio é unha das protagonistas principais do noso cole. Se non a coñecedes…non sabedes o que vos perdedes!
Esperámosvos con moitas ganas! Non faltedes! 😊📖
Ao seguir navegando, aceptas a nosa política de cookies 🍪
Aceptar