A BIBLIOTECA TOMA VIDA
A biblioteca de Salesianos ten moita vida. Fanse moitísimas actividades. É unha mágoa que ás veces pasen desapercibidas.
Comezamos pola ESO-BACH. Cito algunhas das actividades:
- Apertura nos recreos dos martes e dos xoves: xogos, lectura, empréstito de libros, traballo colaborativo,…
- Radio Escolar nos recreos dos venres (contamos con varios podcast en Spotify e en Ivoox e unha web da radio: https://salesianosvigo.es/
radio/ ) - Club de lectura (aínda por determinar o día).
- Actividades relacionadas con tarefas e proxectos que poden afectar a unha ou varias materias: clases na biblioteca, gravación de podcast, Scapes rooms e outras.
Continuamos con Primaria. Aquí tamén é un dos nosos lugares favoritos do cole. Algunhas das actividades que se fan son:
- Apertura nos recreos dos luns, mércores e xoves e no primeiro recreo do venres para devolución. Hai espazo para xogar, ler, empréstito de libros…
- Radio escolar.
- Visitas co curso para facer algún traballo ou só ler.
E os máis pequerrechos non se quedan atrás. Na etapa Infantil fan visitas frecuentes para gozar da lectura ou dos numerosos xogos que ofrece a nosa fermosa biblio.
Xa vedes que é un espazo con moita vida. A cousa non queda aí. Os alumnos e as alumnas, xunco coas familias, poden ir os luns de catro e media a cinco e media a gozar da lectura, xogar ou incluso traballar cos amigos. Un mestre de Infantil ou Primaria estará aí para que se sintan acompañados. E de martes a xoves (tamén de catro e media a cinco e media) algún membro da ANPA estará guiando aos nenos que queiran ler, traballar, xogar…Estes días non se fan empréstitos.
A que dá vertixe tanta actividade? Xa sabedes! Estades convidados a gozar dun dos espazos máis fermosos do colexio. A nosa biblioteca está moi viva!

