PRIMARIA VISITA O PARQUE FORESTAR DO VIXIADOR

Un ano máis, o alumnado de 2º ESO conseguiu escapar da biblioteca empregando os seus coñecementos en arte medieval. O Escape Room, deseñado polo alumnado da materia de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, incluíu diversas probas, acertixos e desafíos que puxeron a proba o enxeño e a capacidade de traballo en equipo dos participantes.

Ao longo da actividade, os equipos tiveron que interpretar símbolos, identificar elementos arquitectónicos e plásticos, así como analizar obras artísticas para ir recollendo pistas. Cada reto superado achegábaos un pouco máis á solución final. 

Esta experiencia lúdica e educativa converteu a biblioteca nun espazo cheo de emoción e curiosidade, demostrando que aprender (Historia da Arte) pode ser unha auténtica aventura.