Xornada de
Portas Abertas
27 de febreiro
Destinado ao alumnado e familias do cole así como familias que queiran coñecernos. Consulta o programa e apúntante nas actividades que máis che interesen.
Encontro para familias que queiran coñecernos
16:30h Entrada pola Rúa Venezuela
Breve reunión na que informaremos da proposta educativa do centro, carácter propio e características principais da nosa oferta educativa. Posteriormente percorreremos o centro.
Dispoñemos de servizo de Canguro para ese tempo, pero para alumnado de Infantil precisamos que estea acompañado.
Xornada aberta a alumnado e familias do cole
16:30 a 18:30 h Obradoiros
Abrimos as portas do cole para compartir convosco unha xornada moi especial na que simularemos un día lectivo. Acceso dende a 16:20.
Comezaremos cun momento conxunto de «Bos días» e logo queremos que vivades de primeira man como é o noso día a día no centro: a metodoloxía, o ambiente nas aulas e algunhas das propostas máis significativas que forman parte do noso proxecto educativo.
Andar Baixo
- Feira de Tecnoloxía e Física
OBRADOIROS ROTATIVOS DO PROXECTO GAUDÍ
Rea
- Mural modernista do noso cole
- Cadro collage
- Taller de chapas
- Maquillaxe
- Baile
2º andar
- Recreos activos
- Estacións de aprendizaxe
- Robótica + Realidade aumentada
- Plickers en directo
- Taller na Radio escolar
4º andar: Ciencia no cole
- Feira de Física
- Proxectos no laboratorio
- Café filosófico

