Inauguración da biblioteca escolar 🗝️✨

Chegou un dos momentos máis agardados do curso no noso cole! O vindeiro luns, 26 de outubro, ás 16:30 horas, a nosa biblioteca escolar abre de novo as súas portas para dar comezo a un ano cheo de lecturas e sorpresas.

Este ano convidámosvos a atopar «as chaves que abren novos mundos» e a animarvos a abrir de par en par a porta da casa do voso maxín. Os libros agardan por nós con historias abraaiantes, viaxes fantásticas e personaxes que nos farán rir, soñar e emocionarnos ao longo de todo este curso.

Esperámosvos a todos e todas para celebrar xuntos o arranque do novo curso bibliotecario! A biblioteca é unha das protagonistas principais do noso cole… e a chave para viaxar onde queirades está a punto de xirar! Non faltedes!

""