INSCRICIÓN AOS SERVIZOS ESCOLARES 26-27
Informámosvos das condicións dos servizos de Comedor, Aula Matinal e Actividades Extraescolares para o presente curso 2026-2027, así como do procedemento único para inscribirse neles.
Recomendámosvos que leades todo, pero se preferides pasar á acción, facede 👉clic aquí e levaravos directamente ao formulario de inscrición.
Para coñecer toda a información xeral do servizo de comedor tedes a 👉 páxina principal e tamén podedes descargar a circular facendo clic aquí.
Para calquera dúbida, notificación de ausencias ou xestión de altas e baixas, podedes contactar connosco na portería do colexio ou no correo electrónico: servizos@salesianosvigo.es
A. PERÍODO DE SETEMBRO DE 2026 (Xornada continua)
- Datas: Desde o 9 de setembro e abrange todos os días lectivos do mes.
- Recollida: De 15:00 a 15:30 horas. Infantil pola súa porta habitual; Primaria e ESO polo portón verde do patio.
- Tarifas:
1 día/semana: 26 €
2 días/semana: 53 €
3 días/semana: 79 €
4 días/semana: 106 €
5 días/semana: 133 €
- Inscrición: Débese cubrir o formulario antes do 7 de setembro de 2026 ás 09:00 h. Para as modalidades de 1 a 4 días é necesario especificar os días de uso, que permanecerán fixos ao longo do mes sen posibilidade de cambialos.
-
B. Período de Outubro 2026 a Maio 2027 (Xornada partida)
-
- Datas: Desde o 1 de outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027 (todos os días lectivos do período).
- Recollida (venres): Recollerase o alumnado de 15:00 a 15:30 h polas mesmas portas (Infantil pola porta habitual; Primaria e ESO polo portón verde). Estamos a realizar unha sondaxe para avaliar se algunha familia precisa ampliación deste horario.
- Tarifas. Cómputo por días lectivos, importe igual cada mes. Non se ratea decembro, xaneiro, febreiro e abril:
-
-
1 día/semana: 36 €
-
2 días/semana: 68 €
-
3 días/semana: 97 €
-
4 días/semana: 120 €
-
5 días/semana: 143 €
-
-
- Datas: Desde o 1 de outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027 (todos os días lectivos do período).
Imprescindible concretar que días de uso se manterán fixos; poderanse facer cambios puntuais pero non para evitar días non lectivos. Darse de baixa a metade de curso implica perder a condición de usuario fixo.
-
- Cálculo da tarifa e permanencia.
-
- Os prezos calcúlanse sobre o cómputo total de días lectivos do curso, divididos en cuotas mensuais iguais. Por este motivo, os meses con vacacións (decembro, xaneiro, febreiro e abril) non se prorratean.
- Darse de baixa a metade de curso implica perder a condición de usuario fixo. Se un usuario se dá de baixa e posteriormente quere reincorporarse, perderá a condición de fixo e terá que empregar os tíckets diarios.
-
- Política de descontos para irmáns (na mesma modalidade):
-
- 2º irmán/á: 5 % de desconto.
- 3º irmán/á: 15 % de desconto.
- 4º irmán/á e seguintes: 30 % de desconto.
-
- Inscrición: O formulario permanecerá aberto ata o 25 de setembro de 2026 ás 14:00 h. Unha vez completado, recibirase un correo electrónico de confirmación.
- Cálculo da tarifa e permanencia.
C. Normativa xeral do Comedor
- USO ESPORÁDICO (Días soltos)
- O comedor pódese utilizar en días soltos mediante a adquisición dun tícket diario por 9 €.
- Os tíckets débense solicitar e pagar na portería o propio día antes das 09:30 h ou ben en días anteriores.
- ALERXIAS, INTOLERANCIAS E MENÚS ESPECIAIS
- Alerxias e intolerancias: Quen padeza algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria deberá comunicalo no momento da inscrición e achegar o xustificante médico na portería. Se xa se entregou a documentación no curso anterior, non é necesario volvela presentar.
- Menús especiais: Deben solicitarse con antelación, xa que non se poden pedir no propio día.
- Dieta branda: Os menús de dieta branda pódense solicitar na portería o propio día antes das 09:00 h.
- ALTAS, BAIXAS E CAMBIOS DE DÍAS
- Altas e baixas mensuais: Comunícanse na portería (ou por correo electrónico) antes do día 25 do mes anterior.
- Cambios de días fixos: Para realizar un cambio de día na modalidade parcial, hai que comunicalo antes do día 25 do mes anterior para que o novo día pase a ser o fixo a partir do mes seguinte.
- AUSENCIAS XUSTIFICADAS E EXCURSIÓNS
- Ausencias prolongadas: Para ter en conta ausencias por enfermidade, viaxes, etc., é necesario comunicalo polo menos con un día de antelación para poder descontar o importe do menú.
- Excursións: Os días de excursión escolar nos que ao alumnado lle coincida o servizo de comedor, ofertarase a posibilidade de solicitar un menú pícnic.
- USO ESPORÁDICO (Días soltos)
Este servizo permite deixar aos nenos e nenas que o precisen chegar ao colexio antes do horario de entrada habitual e estará dispoñible todos os días lectivos do curso, desde o [Día de inicio] de setembro de 2026 ata o [Día de fin] de xuño de 2027.
O acceso realizarase chamando ao timbre da porta de Infantil (rúa Taboada Leal).
- Horarios e tarifas mensuais (só se ratean estes prezos en setembro de 2026 e xuño de 2027 por ser inicio e final de curso):
- Tramo COMPLETO (7:30h a 8:50h): 45 €/mes (2º irmán e sucesivos: 27 €)
- Tramo REDUCIDO (8:30h a 8:50h): 17 €/mes (2º irmán e sucesivos: 14 €).
- Horarios e tarifas mensuais (só se ratean estes prezos en setembro de 2026 e xuño de 2027 por ser inicio e final de curso):
- Días soltos: Pagarase no momento de deixar ao alumno/a á entrada do servizo.
- Diario COMPLETO: 2,30 €
- Diario REDUCIDO: 1,10 €
- Días soltos: Pagarase no momento de deixar ao alumno/a á entrada do servizo.
📅 Información xeral das actividades extraescolares e deportivas
Duración do curso: As actividades desenvolveranse dende o 1 de outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027.
Prazos de inscrición: Do 25 de agosto ao 13 de setembro de 2026 a través do formulario en liña.
Novidades de conciliación: Flexibilízase a asistencia para elixir os días da semana preferidos nalgunhas actividades e engádese o «Tempo de Merenda» de 17:30 a 18:00 h.
🎨 1. Actividades do Colexio (Arte, Cultura e Deporte)
As cotas xerais destas actividades son: 20 €/mes (1 día/semana de 60 min), 30 €/mes (2 días/semana de 60 min) ou 25 €/mes (1 día/semana de 90 min).
Coro Show (EP): Luns e mércores de 12:30 a 13:30 h (30 €).
Aula Creativa / Pintura (5º EI – 6º EP): De luns a xoves, de 12:30 a 13:30 h. Podes elixir 1 día (20 €) ou 2 días (30 €).
Baile Moderno (5º EI – 6º EP): Luns de 16:30 a 18:00 h (25 €).
Judo (5º EI – 6º EP): Xoves de 16:30 a 17:30 h (20 €).
Ludoteca (4º EI – 2º EP): Luns e mércores de 16:30 a 17:30 h (1 día: 20 €, 2 días: 30 €).
Multideporte (4º EI – 2º EP): Martes e xoves de 16:30 a 17:30 h (1 día: 20 €, 2 días: 30 €).
Pandeireta (EP): Martes de 16:30 a 17:30 h (20 €).
Patinaxe Artística (EI – EP): Luns e mércores de 12:30 a 13:30 h (30 €). É necesario traer patíns propios.
Teatro: Dividido en tres grupos. EI-2º EP (Xoves 12:30-13:30, 20 €), 3º-6º EP (Martes 12:30-13:30, 20 €) e ESO (Martes 16:00-17:30, 25 €).
Tecnoloxía Educativa (3º – 6º EP): Luns e mércores de 16:30 a 17:30 h (30 €).
Xadrez (5º EI – 6º EP): De luns a xoves de 12:30 a 13:30 h (1 día: 20 €, 2 días: 30 €).
Tempo de merenda (EI – EP): De 17:30 a 18:00 h. Hai opcións dende 1 día á semana (5 €/mes) ata 4 días á semana (16 €/mes).
👉 Fai clic aquí para ver a circular
🗣️ 2. Idiomas: Salesianos Lingua Gym (Synergy)
A inscrición á escola de idiomas remata o 31 de agosto, e as clases comezan o 5 de outubro de 2026. Contan con descontos para irmáns, segundo idioma ou familias numerosas.
Plan Basic (Inglés): 1 sesión á semana de 16:30 a 17:50 h. Prezo: 59 €.
Plan Plus (Inglés, Francés, Alemán, Italiano): 2 sesións á semana en horario de mediodía (12:30 a 13:30 h) ou de tarde (16:30 a 17:30 h). Prezo: 68 €.
Exam Prep / Cambridge (Inglés para ESO e Bacharelato): 1 sesión á semana de 16:00 a 17:50 h. Prezo: 78 €.
👉 Fai clic aquí para ver a circular
👉 E aquí para descargar a matrícula
🏀 3. Escolas Deportivas (Clubs Federados)
Club Baloncesto Salesianos Vigo
Tempada regular: Adestramentos oficiais de outubro de 2026 a maio de 2027.
Categorías: Abarca todas as idades, dende Baby (nacidos en 2019, 2020, 2021 e 2022) ata Sénior.
Cotas: Abónanse en 3 pagos trimestrais ao longo do curso (outubro, xaneiro e abril).
Descontos: O segundo irmán no club ten un 20% de desconto e o terceiro un 30%.
👉 Fai clic aquí para ver a circular
Fútbol Sala
Categorías Minis (2021-2022) e Prebenxamín (2019-2020): Luns e mércores de 16:30 a 18:00 h.
Categoría Benxamín (2017-2018): Martes e xoves de 16:30 a 18:00 h.
Categorías superiores: Alevín (Martes e xoves de 18:00 a 19:30 h) e Infantil (Luns e mércores de 18:00 a 19:30 h).
Xestión: Para tramitar a ficha é necesario enviar a documentación requirida ao correo electrónico
salesianosvigofutbolsala@gmail.com.
👉 Fai clic aquí para ver a circular
📅 Información Xeral
Duración do curso: As actividades desenvolveranse dende o 1 de outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027.
Prazos de inscrición: Do 25 de agosto ao 13 de setembro de 2026 a través do formulario en liña.
Novidades de conciliación: Flexibilízase a asistencia para elixir os días da semana preferidos nalgunhas actividades e engádese o «Tempo de Merenda» de 17:30 a 18:00 h.
Para darse de alta, é necesario cubrir un único formulario en liña a través da seguinte ligazón:
- Para empezar en setembro, cubrir antes do 7 de setembro ás 9h.
- Para empezar en outubro, cubrir antes do 25 de setembro ás 14h.
Ao enviar o formulario, recibiredes un documento de confirmación no voso correo electrónico.
Para máis información:
- Correo: servizos@salesianosvigo.es
- Teléfono 986.433.855
- WhatsApp 677.232.834

