Curtametraxes de 4º ESO

O alumnado de 4º ESO do noso centro desenvolveu unha tarefa interdisciplinar no último trimestre do curso, consistente na gravación de varias curtametraxes, seguindo todo o proceso necesario: creación do guión, reparto de personaxes, deseño das escenas, interpretación, decorados, edición, gravación, montaxe, carteis e publicación.

Aquí presentamos as curtametraxes seleccionadas polo profesorado de TIC e Artes Escénicas, e mellor valoradas polos seus propios compañeiros e compañeiras de aula. Agardamos que vos gosten.

Agradecemos o esforzo de todas as persoas participantes. Con medios moi humildes, pero con moita ilusión e traballo, o resultado final foi ben xeitoso.