✨ Festas de María Auxiliadora! ✨

""

Como cada ano, achégase unha das datas máis especiais para a nosa comunidade educativa. O noso patio prepárase para encherse de xogos, música, ledicia e moita vida! Volve a festa e, con ela, a ilusión de celebrar xuntas e xuntos eses días que fan tan grande a nosa Obra Salesiana.

O vindeiro venres 22 de maio gozaremos da nosa gran Festa Colexial, unha xornada chea de alegría e convivencia pensada para todo o alumnado, familias e demais persoas que desexen vir visitarnos e pasar un anaco inesquecible.

Durante estes días teremos unha programación chea de vida e pensada para todas as idades:

🔹 Diversión para o alumnado: Estes días non faltarán as saídas pola cidade (ao Castro e ao Parque de San Roque), os torneos deportivos en Balaídos para os máis maiores, a nosa divertida ximcana “Xogamos con María”, o xa clásico Got Talent escolar e, como non, a sempre esperada Festa da escuma!

🔹 A Gran Festa Colexial no Patio (Venres 22): Pola tarde abriremos as portas para toda a comunidade. Teremos xogos da ANPA con sorteos, barracas, inchables, obradoiros de henna e maquillaxe, a trepidante proba de «Misión Imposible» e o espazo xuvenil de Alternativa Vaivén e Abertal.

🔹 Moita música e ritmo: A festa estará amenizada pola Minidisco Gran Barafunda para os máis pequenos. Ademais, gozaremos do talento musical do noso alumnado cos concertos en directo dos grupos Crash Cowbell e The Ceiling, e remataremos a xornada cunha gran sesión DJ!

🔹 Momentos para a emoción e a fe: Nestas festas tamén hai espazo para os encontros máis emotivos, como a graduación do noso alumnado de 2º de Bacharelato, as celebracións da Novena e, por suposto, o noso Día Grande: o 24 de maio. Ese día culminaremos as festas coa Misa Solemne presidida polo Sr. Bispo e a posterior procesión de María Auxiliadora polas rúas do barrio.

Será un tempo para gozar, compartir e celebrar en familia. Porque a festa é ledicia, encontro, comunidade… é Salesianos!

Agardámoste co corazón aberto e o patio cheo de maxia! 🥰🥳

ACTIVIDADES COLEXIAIS

XOVES 21 DE MAIO

Día 13 ás 19:30 Graduación de 2º de Bacharelato.

Día 20 O alumnado de Infantil sairá ao Castro pola mañá.

INFANTIL

09:15 Celebración María Auxiliadora + 1º ciclo de Primaria.

10:00 Obradoiros María Auxiliadora.

15:00 Ximcana «Xogamos con María».

PRIMARIA

09:15 1º ciclo Celebración na Aula Magna con EI. Saída cara o  Colexio Hogar 2º e 3º ciclo. Celebración na Igrexa do Hogar.

10:15 Xuntámonos todo EP no Parque de San Roque.

11:45 Regreso ao colexio.

15:00 Ximcana «Xogamos con María».

SECUNDARIA

De 9:00 a 14:00 torneos deportivos nas instalacións do IMD en Balaídos.

VENRES 22 DE MAIO

INFANTIL

Entrada e saída no horario habitual.

09:15 Got Talent.

12:15 Bailamos con María.

PRIMARIA

Entrada e saída no horario habitual.

09:10 Got Talent.

11:30 Saída ao Castro: Competicións A vs B.

SECUNDARIA

9:45 Entrada e celebración eucaristía María Auxiliadora. Coa imposición de insignias de 2º de Bacharelato.

11:15 XVIII Campionato de xogos A vs B.

12:45 Festa da espuma.

E POLA TARDE... MAIS FESTA! 🎉

17:00 Apertura do patio para a Comunidade Educativa.

Xogos da ANPA: a participación recompénsase con vales para a rifa das 19h.

17:05 Pregón de Apertura das Festas.

17:30 Inicio de actividades:

  • Misión Imposible para Bacharelato.
  • Inchables 
  • Minifútbol.
  • Espazo xuvenil de Abertal, con xogos de mesa, pimpón, zona de estar…
  • Obradoiros de henna.
  • Obradoiro de maquillaxe con purpurina.
  • Apertura de barracas.

18:15 Gran actuación: Minidisco Gran Barafunda.

19:00 Sorteo da ANPA cos vales dos xogos e peche de Misión Imposible e entrega de premios 📋

19:15 Actuacións musicais do alumnado do centro:

  • Crash Cowbell (grupo de Ángel de 1º de Bacharelato).
  • The Ceiling (grupo de Xiana de 3º ESO).

20:00 Peche de barracas 🛖

20:30 Sesión Dj colectivo 🎵

22:30 Fin de festa.

Logo Centro Xuvenil Abertal

Día 15 de 19:30  22:00 Torneo multideporte Xuvenil 🏃

Día 23 ás 11:00 Festas de María Auxiliadora en Alternativa Vaivén 🎉

Do 15 ao 23 Novena de María Auxiliadora. Anima Mateo del Blanco.

Día 24 Festa de María Auxiliadora. Misas cada hora: 8, 9, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 20 e 21 horas.

Ás 19:00 Misa Solenme co Sr. Bispo.

E ás 20:00 Procesión.

Día 30 Homenaxe a Mª Auxiliadora en A Coruña.

EXTRAESCOLARES

Día 26 🤸 Exhibición no polideportivo ás 16:45 e festival no cine ás 17:45.