Achégate á Biblio!
Funcionamento da biblioteca
Queres achegarte á Biblio? Non sabes en que horario? Aquí atoparás toda a información.

Quen pode vir e como levar libros
Á biblioteca pode ir todo o alumnado, o profesorado e as familias que acompañen aos seus fillos e fillas.
Empréstito: funciona só no horario de biblioteca. Escolles o libro nos andeis e pídelo á persoa bibliotecaria, que toma os teus datos; podes levalo á casa durante 15 días. É importante coidar os libros: se se perde un, hai que achegar outro novo.
Horarios e servizos
Luns de 16:30 a 17:30
Empréstito, lectura en sala e xogos de mesa, traballo e estudo, e familias. Actividades segundo o programa.
Horario lectivo
Xestionado polo profesorado: empréstito, lectura en sala e xogos de mesa, traballo e estudo, e actividades.
Recreos de Primaria
Mércores, de 1.º a 3.º EP; xoves, de 4.º a 6.º EP. Empréstito, lectura en sala e xogos de mesa, e actividades.
Recreos de ESO e Bacharelato
Martes e xoves. Empréstito, lectura en sala e xogos de mesa, e traballo colaborativo.



