Unha biblioteca renovada
Historia da biblioteca
Xa alá polo ano 2012 empezou a idea de darlle un cambio á nosa biblioteca escolar: outra imaxe e outras posibilidades. E puxémonos en marcha.
Como a transformamos
-
2012 Comeza a renovación co expurgo e a embalaxe dos libros, que non sería posible sen a axuda da ANPA e de grupos de familias. Despois chegan as obras: ventás, mesas, estantes, chan e teito renovados.
-
2013 Inauguración oficial da nova biblioteca, cun espazo e un enfoque de traballo totalmente renovados. Os libros volven ás súas estantes cunha nova clasificación (CDU) e incorpórase novo fondo bibliográfico.
-
2016 No curso 2016/2017 incorporámonos ao Programa de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE) da Consellería de Educación.

Un espazo distinto
A distribución cambiou moito: agora hai unha zona para o bibliotecario, ordenador, encerado dixital e unha zona axeitada para os máis pequenos.
Temos unha biblioteca preparada para traballar individualmente ou en grupo, para a lectura e o préstamo, e onde se fan actividades de contacontos, teatro ou maxia, e dende onde se impulsan melloras nas prácticas educativas e nas metodoloxías de todo o centro.

Algo máis que un espazo para libros
A nosa biblioteca é un lugar para compartir e fomentar o gusto pola lectura de todos e todas, para aprender diferentes linguaxes, para investigar, para buscar información, para traballar con outros e outras, para descubrir…



